A Xunta de Galicia presenta en Lugo un novo plan de promoción do patrimonio natural

José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta en Lugo xunto á diretora Xeral de Patrimonio Cultural, Ana María Díaz López, presentaron esta mañá en Lugo un novo plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia que incidirá na nosa provincia.

Balseiro presentou este plan como unha aposta da Xunta por preservar o patrimonio natural e resaltar os coñecidos como espazos imán, aquelas zonas que máis xente atraen, que na provincia de Lugo son catro: a praia das Catedrais, as reservas da biosfera tanto a do Río EO como a de Ancares/o Caurel e a Ribeira Sacra e os Canons do Sil.

Pola súa parte Ana María Díaz, asegurou que a Xunta destinará catro millóns de euros para promocionar, nos próximos catro anos, o patrimonio natural de Galicia. Este plan comeza por acudir a Fitur e as demáis feiras nacionais e internacionais, ademáis de resaltar o que tildou de xoias naturais que posue a provincia de Lugo.

Asemade, este plan concéntrase en 3 eixos e 29 actuacións, algunhas delas xa iniciadas, e outras que se iniciarán nos vindeiros meses.

O plan comeza dotandose de ferramentas tecnolóxicas como a páxina web de parques naturais e parque nacional de Galicia, que se vai adicar aos 17 espazos imáns de Galicia. E unha aplicación móbil, unha versión moi nova na que aparecerán as diferentes rutas que podan facer os turistas. Asemade, este plan ten presenza nas principais redes sociais como poden ser Facebook, Twitter e Instagram.

Ademáis, dende a Consellería crearon a figura do pasaporte natural, un documento que o turista poderá selar ao chegares a calquera dos 17 espazos imán da comunidade. Díaz López resaltou tamén a posta en marcha doutra iniciativa, ligada ao pasaporte natural, ca que crearán paquetes turísticos, que se regalarán a quen complete o seu pasaporte, para os 17 espazos imán e que xa empezaron cun paquete no Parque Natural do Xurés.

A Directora Xeral puxo o exemplo das Catedrais, como lugar ao que a xente vai a pasar o día pero que non se queda, a idea dos paquetes turísticos é que o visitante permaneza uns días na zona e visite máis que o espazo imán.

Asemade, a Xunta pretende facer un referente de calidade coa promoción da Marca: Galicia. Natural e ÚnicaAdemáis asinarán cas empresas que o desexen, un Pacto Verde que supón o aceptamento de levar a cabo a sostenibilidade nos recursos naturais para situar a Galicia á vangarda do Turismo Sostible.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com