Xunta de Goberno do Concello de Lugo

O voceiro municipal, Miguel Fernández, informou de que a Xunta de Goberno aprobou este mércores a convocatoria de dúas liñas de subvencións municipais no eido social cun importe conxunto de 43.000 euros.

A primeira, de 38.000 euros, está destinada ao tecido asociativo do municipio que desenvolve a súa actividade no eido dos servizos sociais para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantemento, conservación e reparacións das infraestruturas nas que levan a cabo o seu labor.

A segunda liña de subvencións aprobada hoxe ten un orzamento de 5.000 euros e está destinada a persoas con discapacidade física e afectadas por graves dificultades de mobilidade para gastos de transporte en taxi adaptado.

En ambos casos, as axudas poderán solicitarse durante 20 días hábiles tras a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

EDUSI

O voceiro municipal, Miguel Fernández, anunciou que 10 empresas presentaron proposta para facerse co contrato de redacción dos  proxectos técnicos e estudios de viabilidade correspondentes ás cinco primeiras actuacións do EDUSI, o programa Muramiñae, da Muralla ao Miño, consistentes na reforma da Volta da Viña, a pasarela peonil ao campo de fútbol, a prolongación do paso subterráneo baixo a N-VI, a posta en valor do patrimonio do Carme e a descontaminación dos solos deste barrio. O prazo de presentación de ofertas concluíu o luns, pero aínda poden entrar propostas por correo certificado. Nos vindeiros días reunirase a Mesa de Contratación para abrir as plicas.

Así mesmo, Fernández avanzou que se presentaron dúas ofertas para a instalación das dúas casetas e dous caldeiros do polbo das festas de San Froilán 2017 que quedaron vacantes. O prazo remata na xornada de hoxe, polo que poden entrar por Rexistro ou por correo certificado máis propostas. Ao igual que o contrato anterior, a Mesa de Contratación reunirase nos vindeiros días para abrir as plicas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com