A Xunta destina uns 600.000 euros para paliar os danos do pedrazo nos viñedos da Ribeira Sacra

O Goberno Galego destinará uns 600.000 euros para compensar a perda da produción e arranxar diversas infraestruturas relacionadas co cultivo da vide que se viron afectadas polas fortes treboadas e o pedrazo rexistrado a semana pasada na Ribeira Sacra.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo precisou que a Xunta habilitará, por unha banda, unha orde específica parar compensar a perda da produción cunha liña de axudas de 500.000 euros, da que se poderán beneficiar aqueles viticultores que non tiveran subscrito ningunha póliza de seguros, sendo a achega máxima por viticultor de 15.000 euros. Así mesmo, destinaranse preto de 100.000 euros para arranxar camiños, muros e outras infraestruturas relacionadas co cultivo da vide que se viron afectadas por este fenómeno atmosférico adverso.

Os primeiros cálculos indican que a área máis damnificada abarca arredor de 70 hectáreas, que foron practicamente arrasadas pola sarabia caída, afectando a uns 400.000 quilos de uva, segundo as primeiras estimacións, e cunhas perdas directas avaliadas duns 500.000 euros.

Núñez Feijóo avogou por afrontar coa máxima celeridade os danos para que os produtores afectados podan continuar coa actividade o antes posible. E recordou que a treboada de pedrazo afectou aos viñedos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, maioritariamente no concello lugués de Sober e nunha parte do de Monforte de Lemos, concretamente, na subzona de Amandi, tradicionalmente unha das máis coñecidas da Ribeira Sacra.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo