A Xunta entrega oito vivendas de Promoción Pública no casco histórico

A Xunta fixo entrega das chaves de oito vivendas de promoción pública construídas no casco histórico de Lugo; todas foron adxudicadas en réxime de aluguer. Entre elas, entréganse para estrear catro vivendas situadas na Praciña da Universidade que corresponden ao último proxecto executado na zona, rematado hai uns meses. Son tres apartamentos cunha superficie útil de arredor de 50 metros cadrados e un dúplex de 75 metros cadrados; todos contan con trasteiro.

Procédeuse tamén á segunda adxudicación de dúas vivendas na rúa Tinería: un apartamento de 45 metros cadrados e unha casa unifamiliar de 76 metros cadrados. E igualmente, en segunda adxudicación entréganse as chaves doutras dúas vivendas na rúa Miño, de 65 e 71  metros cadrados, ambas con dous dormitorios.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, participou no acto de entrega e visitou xunto cos adxudicatarios a nova promoción de vivendas da Praciña da Universidade.

Balseiro explicou que neste momento estase tramitando a adxudicación doutras 15 vivendas situadas no casco histórico de Lugo que quedaron vacantes por renuncia dos anteriores inquilinos. O IGVS recorre nestes casos aos demandantes que figuran na lista de segundas transmisións e axiliza ao máximo as xestións, de forma que nun prazo aproximado de dúas semanas realizarase un novo sorteo para estas vivendas.

O delegado territorial subliña que a intención da Xunta é que as vivendas públicas se manteñan permanentemente ocupadas, “por iso no momento en que quedan baleiras adxudícanse conforme aos criterios do Rexistro único de demandantes de vivenda protexida de Galicia”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com