A Xunta entrega, en réxime de aluguer, catro vivendas na cidade de Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu esta mañá á entrega das chaves de catro vivendas de promoción pública na cidade de Lugo a outros tantos adxudicatarios que, desde hoxe mesmo, xa poden  facer uso delas.

Trátase de catro pisos, adxudicados en réxime de aluguer. O primeiro deles emprazado na rúa Miño, número 10, ten 91,1 metros cadrados e dispón de tres dormitorios; o segundo, emprazado na rúa Fermín Rivera, número 47, dispón de 66,4 metros cadrados e conta con tres dormitorios e garaxe; en terceiro lugar a vivenda empraza na rúa Paulo Fabio Máximo, número 4, con 50 metros cadrados e un dormitorio; e, finalmente, a última das vivendas entregadas situada na praciña da Universidade, número 3, conta con 52,26 metros cadrados e un dormitorio.

Balseiro reiterou a disposición da Xunta de poñer todos os recursos que estean nas súas mans para favorecer o acceso dos cidadáns ao dereito, constitucionalmente garantido, dunha vivenda digna e adecuada. Con este fin o Goberno galego mantén aberto ao longo de todo o ano a posibilidade de inscribirse no rexistro oficial e único de demandantes de vivenda.

Os interesados deberá presentarse nas oficinas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (rúa Ramón Ferreiro, 28), ou, se queren evitar desprazarse tamén hai posibilidade de facelo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es.

O rexistro de demandantes de vivenda pretende ser un instrumento válido e veraz para ter datos fiables sobre a demanda real de vivendas protexidas en cada localidade, ao coñecer o número de demandantes existentes para cada réxime de vivenda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com