A Xunta licita tres edificios novos na Tinería

Lugo recibiu hoxe a visita da Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, para dar fe á publicación no Diario Oficial de Galicia sobre a licitación de tres edificios na Tinería máis a adxudicación da outra parte deste barrio: cinco vivendas e un baixo comercial, que tiñan en licitación. Para o delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a conselleira veu a demostrar o compromiso do goberno galego “con esta cidade e, máis concretamente, co barrio da Tinería”.

Balseiro insistiu en reiteradas ocacións que a Xunta foi a administración que máis invertiu neste barrio e quixo resaltar a importancia de dinamizar a Tinería xa que se encontra “nun punto estratéxico, no casco histórico, e tense que dedicar a unha actividade importante”.

Asemade, o delegado territorial asegurou que a Xunta está a espensas dunha resposta do Concello de Lugo, antes de que rematen os 15 días de prazo que o Instituto de Vivenda e Solo lle deu á rexedora, Lara Méndez, para tomar unha decisión sobre os 9 locáis que este ente ten no barrio da Tinería.

Pola súa banda, a Conselleira destacou o novo proxecto adxudicado xa, na rúa Tinería, para rehabilitar cinco vivendas e un local comercial cun valor de 700.000 euros. Ademáis, avanzou outros proxectos que o executivo autonómico ten para este barrio, como as tres licitacións para tres inmobles dos que sairán catro vivendas e un local comercial xa rehabilitados.

Ethel Vázquez prevé que as obras adxudicadas hoxe poidan estar rematadas a principios do ano 2019. En canto ás licitacións de hoxe, a Conselleira prevé que estas actuación arranquen o antes posible, desde a obtención das licenzas, e se rematen antes de finais de 2019.

“En total, en 2017 entre obras adxudicadas e licitadas estamos a falar de 1,2 millóns de euros, no 2018, 2 millóns de euros para actuar na Unidade de Intervención UI-8. Polo tanto, en total estamos a falar de rehabilitar nun corto prazo 20 vivendas na Tinería”, concluíu Vázquez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com