A XXIV Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón acollerá a II Festa da Empanada

A Delegación Territorial da Xunta acolleu esta mañá a presentación da XXIV edición da Mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón, que se celebrará a videira fin de semana. A mostra será inaugurada ás 13.00 horas do sábado, día 13, polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e durante esa xornada celebrarase ademais a II Festa da Empanada.

A xornada do domingo estará centrada no viño en exclusiva. Ás 13.00 horas pronunciará o pregón o escritor, xornalista e actor Antón Lopo.

Na presentación dos actos participaron  o alcalde de Pantón, José Luis Alvarez, o concelleiro Roberto Eireos e o técnico de Cultura Javier González, xunto co propio delegado territorial, que exerceu de anfitrión.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo