XXVI edición do Mercado Medieval de Mondoñedo

Mondoñedo volve esta fin de semana a Idade Media coa celebración dunha nova edición da súa feira medieval. Á inauguración e pregón, que leu José Ramón Montenegro, asistirón, xunto con outras autoridades, a Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia e a Deputada de Economía, Maya García. Durante esta fin de semana a cidade mariñá, estará ateigada de visitantes para gozar dunha xornadas de lecer e música  nunha das antigas capitais do Reino de Galicia. Nesta nova edición hai programadas máis de 70 actividades, que se desenvolven polas rúas céntricas de Mondoñedo.

A Deputada Mayra García remarcou que “o Goberno da Deputación é o principal impulsor deste evento, pois realiza unha achega económica de 32.000 euros para a organización da cita, así como cunha exposición de artesanía”. A Deputada destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta cita co obxectivo de promover eventos lúdico-festivos de atractivo para a provincia. Facémolo no marco do 1º Plan Estratéxico de Turismo de Lugo, que define estes obxectivos como liñas de actuación para impulsar o turismo e xerar riqueza na nosa provincia”.

Programación

O Mercado Medieval de Mondoñedo comezou onte venres e rematará mañá domingo. Hoxe pregón, demostración de produtos artesanais, exhibicións de cetrería, títeres, espectáculos de lume, concerto medieval, cabaleiros medievais polas rúas, bufóns, verdugos, gran torneo medieval, e como cada ano, degustación gratuíta de liscos, pan, viño e cervexa. Esta xornada pechará coa tradicional gran cea na Praza da Catedral, que ten un custe de 12 euros.

O domingo 13 haberá, entre outros, exhibicións de tiro con arco, cetrería e a voda medieval polo rito mozárabe na Fonte Vella, ás 13:30 horas. Xa a partir das 20:00 horas disputarase un gran torneo medieval no Campo de fútbol de Santa Catalina, e pola noite ás 23:00 horas pechase esta edición coa actuación de bruxo Queiman e a voz da Andrea Pousa, cun espectáculo de luz na praza da Catedral.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo