XXXIX SICA celebrarase en Lugo do 18 ao 23 de setembro de 2017

A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, na súa edición número XXXIX vaise celebrar en Lugo do 18 ao 23 do próximo mes de setembro, organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiña, e co apoio da Deputación Provincial  de Lugo, Concello de Lugo e Vicerreitoría de Lugo da Universidade de Compostela.

Para esta celebración, Fonmiñá recibiu máis de 1.500 películas de todos os países do mundo, a través das plataformas en Internet  Click for festivals, Festhome e Independientes. Nestes momentos, a organización está a traballar na selección de arredor de 100 títulos para a programación da Semana.

Esta XXXIX edición estará dedicada a Victoriano Lopez Garcia, que, segundo a organización, foi “un grande do cine español” e a Mondoñedo e o cine.

O pintor Lázare autor do cartel

Jesús López Lázare, é o autor do cartel anunciador da SICA. Con este, xa é o cuarto ano no que unha obra de autor lucense anuncia a semana de Cine. En 2014, foi o seu autor Forges (con raíces na Fonsagrada); en 2015, Jorge Espiral; en 2016, Luz Darriba e Lázare en 2017.

Pintor autodidacta, perfeccionou o seu debuxo na Escola de Artes Ramón Falcón, ten efectuado diversas exposicións individuais e participado en mostras colectivas. Con 16 anos, recibiu o seu primeiro premio  no Certame lucense de Arte Xuvenil. Del escribiu Trapero Pardo que conseguía “logros perfectos de entoación en toda a súa selecta obra”.

O cadro é o primeiro dunha serie do autor que pon de relevo tanto a protección da mocidade por parte dos maiores, como a axuda para levar a nenos e mozos polos vieiros da vida.

Nos próximos días comezarase a distribuír o cartel desta anual celebración que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, co patrocinio e colaboración da Deputación, Concello, Xunta e Universidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com