Cinco empresas optan a xestionar as casetas do polbo do San Froilán

O Concello de Lugo, informou na rolda de prensa da Xunta de Goberno celebrada esta mañá, que cinco empresas optan a xestionar as tres casetas do polbo do San Froilán 2025. Rubén Arroxo, Tenente de Alcalde, explicou que “mañá, 28 de agosto a partir das 9:00 terá lugar a mesa de contratación onde se analizarán as distintas ofertas presentadas para as casetas e os caldeiros, e farase a proposta de adxudicación á oferta máis vantaxosa, que despois seguirá o procedemento administrativo habitual”.

O Goberno de Lugo licitou este ano tres casetas dado que nos últimos anos só se daban cuberto tres espazos. “Reorganizamos os espazos garantindo que se cubran todos os postos de comida e permitindo ampliar o recinto feiral cunha atracción máis”, explicou Arroxo, que lembrou tamén as datas de apertura tanto do Recinto Feiral, que estará en funcionamento entre o 26 de setembro e o 12 de outubro, e das casetas do Polbo, que poderán desenvolver a súa actividade entre o 26 de setembro e o 2 de novembro, co polbo a 15€ a ración.

Ademais, Arroxo anunciou que a Xunta de Goberno desestimou un recurso de reposición presentado por unha das persoas aspirantes á explotación dunha churraría no recinto festivo. Esta persoa alegaba unha suposta filtración da oferta gañadora, a pesar de que o procedemento de licitación é “seguro e inalterable, realizándose a apertura en mesa baixo sobre pechado”. “Polo tanto, non se puido producir ningunha filtración desde o Concello, polo que o recurso foi rexeitado” explicou Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com