Mostra “50 aniversario de Fuxan os Ventos”

Hoxe inaugurouse a mostra “50 aniversario  de Fuxan os Ventos”, a exposición ofrece un percorrido pola traxectoria da formación a través de materiais documentais e obxectos que permiten reconstruír a súa evolución artística e a súa pegada ao longo de cinco décadas. A iniciativa dá continuidade ás actuacións especiais celebradas no auditorio no pasado ano 2025.

Fuxan os Ventos  naceu no ano 1972 a partir da unión dun grupo de rapaces e rapazas que cantaban no coro do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. O seu primeiro nome, Folk72, foi deixado de lado despois de gañar o primeiro premio no III Festival Musical das San Lucas de Mondoñedo co tema Fuxan os Ventos.

Pola agrupación pasaron máis de 30 músicos e  interpretes, como os históricos  Tareixa Novo, Sabela Rodríguez, Xosé Luís Rivas, (Mini),  Baldomero Iglesias (Mero), Xosé Luís Freire, Moncho Díaz; ou  un “descoñecido membro para moitos” quen participou nos principios do grupo, o xornalista Paco Nieto. Fuxan os Ventos tivo durante toda a súa carreira un alto compromiso social, chegando a toda a sociedade galega con mensaxes comprometidas coas distintas problemáticas das galegas e galegos, apostando sempre pola lingua galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com