Programación de actividades para os máis cativos este Nadal

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, deu a coñecer esta maña a nova programación de actividades organizadas polo Concello para os máis cativos na época do Nadal. Serán 100 prazas en Aulas Abertas para nenos de 3 a 11 anos, que se desenvolverán nos centros de convivencia de Fingoi, Lamas de Prado, María Balteira, Milagrosa –nenos de 4 a 11 anos- e Maruja Mallo –nenos de 3 a 10 anos-, 20 prazas por cada centro de convivencia.

A edil destacou que “un ano máis o Concello pon en marcha estas Aulas Abertas para que os nenos e nenas empreguen as súas épocas de lecer escolar con actividades diferentes e cuns horarios que facilitan que nais e pais poidan conciliar a familia e o traballo”, ao tempo que fixo fincapé no “rotunto éxito” desta programación, tanto no verán como no Nadal.

As Aulas Abertas celebraranse os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro de 2015 e 4 e 5 de xaneiro de 2016. O horario será o mesmo para todas as actividades, de 09:30 a 13:30 horas. Os interesados deberán aboar 1,03 euros ao día.

As solicitudes de inscrición presentaranse do 14 ao 16 de decembro, de 09:00 a 13:00 horas, nos centros onde se vaian realizar as actividades. Cada persoa só poderá efectuar solicitudes para unha única unidade familiar. As inscricións realizaranse seguindo a rigurosa orde de inscrición, tendo prefencia os nenos empadroados no Concello de Lugo. Resérvase un 40% das prazas para persoas con diversidade funcional.

Asemade, O Orfeón Lucense, o coro parroquial dan Francisco Xabier e a agrupación músico-vogal Xeada unirán as súas voces para ofrecer un concerto de Nadal no centro de convivencia de Fingoi o luns, 4 de xaneiro, ás 19:30 horas.

Outra das actividades programadas no período de Nadal, terá lugar terá lugar na Casa das Linguas que acollerá o obradoiro Chirstmas Magic English-French para os alumnos de inglés e de francés de 6 a 10 anos os días 21 e 28 de decembro e o 4 de xaneiro  na Estrada da Granxa os de inglés, e en María Balteira o de francés; e os días 22 e 29 de decembro e 5 de xaneiro, en horario de 10:30 a 12:30 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com