Cultura do País homenaxea, hoxe ás cinco, aos asinantes do Manifesto Nacionalista de Lugo

O domingo 18 de novembro, conmemóranse os cen anos da sinatura e difusión pública do Manifesto de Lugo, primeiro programa político do nacionalismo galego elaborado na asemblea convocada polas Irmandades da Fala na nosa cidade.

Con motivo desta efeméride a Asociación Cultura do País realiza un acto de recoñecemento e homenaxe aos membros das Irmandades que tiveron un papel tan relevante na construción nacional e na historia do nacionalismo galego. Este evento será unha función interdisciplinar que consistirá nun espectáculo de danza, música, teatro e poesía desenvolvido por persoas asociadas e simpatizantes da nosa Asociación. Esta actividade, que terá lugar o vindeiro domingo 18 de novembro ás 17:00 hs. na Sala Almirante do Hotel Méndez Núñez (r/Raíña, 1), é de acceso libre e leva como título ‘A lus da estrela que brila ó lexos’, texto provinte dun verso do poema ‘No escuro’, de Ramón Cabanillas (Vento Mareiro, 1915).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com