Codex Cinema ábrese ao público infantil e xuvenil con ‘O meu veciño Totoro’

Dúas novas estreas chegan aos cines Codex a partir deste venres. A terceira esposa, o celebrado debut na dirección da cineasta vietnamita Ash Mayfair, e O meu veciño Totoro, o clásico inmortal do gran mestre da animación Hayao Miyazaki, que voltou aos cinemas para conmemorar os trinta anos da súa presentación.
Miyazaki é xa un clásico recoñecido e posiblemente un dos poucos cineastas dos últimos 40 anos que conseguiu unha unanimidade crítica, ademais do favor do público, con cada unha das súas producións. Sendo neno viviu os bombardeos do exército americano sobre o Xapón, o que deixou nel unha pegada inesquecible, de aí que o seu cinema sempre avogue polo pacifismo e a favor do medio ambiente. Obras como Nausicaä ou A princesa Mononoke non só simplemente excepcionais fábulas cheas de fantasía e emocións, mais tamén obras reflexivas sobre o noso mundo e sobre a condición humana.
O meu veciño Totoro é posiblemente o seu filme máis carismático dentro dunha filmografía que combina como ningunha outra a épica coa intimidade, aínda que neste caso é máis ben o segundo. Un filme pequeno e singular, sobre o espertar á vida de dúas nenas que ante os problemas da súa vida convocan ao mundo dos soños.
Unha nena é tamén a protagonista de A terceira esposa, mais por desgraza nalgunhas ocasión ese mundo dos soños non consegue ser refuxio para as traxedias da realidade. May, a personaxe principal do filme, é unha nena vietnamita de 14 anos que se ve obrigada a aceptar un casamento arranxado cun home moito maior que ela no Vietnam do século XIX. O filme preséntase como un proceso de crecemento e autoconsciencia dunha muller para acadar a súa liberdade e independencia.
En Codex Cinema sempre apostan por defender a paridade no cinema. Estamos orgullosos de que o noso público maioritario sexan mulleres e polo tanto queremos ofrecerlles historias contadas por elas. Tanto Con el viento como
Viaxe a Nara eran filmes non só dirixidos por mulleres, senón onde a equipa técnica e artística era maioritariamente feminina, algo que volve a ocorrer no filme de Ash Mayfair. Unha obra onde o persoal transfórmase irremediablemente en político ante una situación intolerable de marxinación e desigualdade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com