Concello e Deputación animan á participación o 3M para conseguir un día histórico

7 mulleres que falan a través da arte, ha(v)helas é a exposición coa que o Concello de Lugo inicia hoxe, ás 19.00 horas, no Vello Cárcere, a extensa programación que, durante todo este mes, quere dar visibilidade ao Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, e a todo o movemento feminista na súa loita pola igualdade.

A Concelleira de Igualdade, Ana Abelleira, presentou o programa acompañada da Deputada provincial de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, animando a toda a cidadanía a participar tanto na manifestación deste domingo, 3 de marzo, organizada pola Asemblea Galega e que se espera reúna a miles de mulleres de toda Galicia en Lugo, cidade que acolle este ano esta gran protesta do movemento feminista, así como a do 8 de marzo.

“Hoxe máis que nunca debemos estar todas as mulleres unidas, con fortaleza, como recolle a nosa marca de cidade Mulleres con Forza, para non dar pasos atrás na loita polos nosos dereitos. Temos máis de 1.000 motivos para seguir reivindicándoos, e máis agora que corren serio risco de perderse”, afirmou, e instou a conseguir que o 3M sexa “un día histórico”. Pola súa banda, Sonsoles López sostivo que “desde a Deputación, como entidade colaboradora, animamos a participar este domingo co fin de conseguir unha presenza masiva de mulleres porque non debemos parar ata que alcancemos todos os dereitos en igualdade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com