A asociación Lugo Monumental comeza hoxe a venda da súa lotería de Nadal, que promociona a Casa dos Mosaicos ao incluír como motivo principal das participacións unha figura do mosaico da Domus Oceani. A imaxe foi facilitada polo Concello.
A Casa dos Mosaicos mostra restos, musealizados in situ, dunha “domus” de finais do século III ou comezos do IV. O seu principal atractivo é o mosaico da antesala e do “oecus”, con motivos xeométricos e figurativos. Merece a pena observar tamén o sistema de calefacción por aire quente que se localiza baixo o perímetro dun dos comedores da vivenda, o que se coñece como “hipocaustum”.
A visita termina coa proxección dun audiovisual que fai unha reprodución virtual do que foi a vivenda, e incluso dos orixes e o desenrolo da cidade de Lugo.
Horario da Casa de los Mosaicos:
Inverno
De xoves a sábado: 11:30 a 13:30 – 17:00 a 19:00
Domingo: 11:30 a 13:30
Verán (do 16 de xuño ao 12 de outubro)
De martes a sábado: 11:00 a 13.30 – 16:00 a 19:30
Domingo: 11:00 a 14:00
As participacións:
A lotería de Nadal de Lugo Monumental segue o seu formato habitual: participacións de cinco euros sen recargo. De resultar premiadas informarase na web de Lugo
Ago 30, 2019 - 07:46 PM
@LugoMonumental Buenas en que sitios colaboradores la vendéis? Lo vi hoy anunciado en un lateral del progreso..