O plan de teleformación para o sector turístico posto en marcha pola Xunta de Galicia programa para o vindeiro martes 26 de maio
un seminario web que terá á Ribeira Sacra como protagonista. Trátase da mesa de debate Ribeira Sacra, de paisaxe cultural a recurso turístico, cuxo prazo de inscrición está aberto e que está especialmente dirixido a guías e profesionais de turismo.
Moderado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez Insua, a mesa de debate contará coa participación da catedrática da área de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, Ana Goy Diz; o director de Crecente Asociados, J. Mario Crecente Maseda; o subdirector de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Manuel Chaín, e o xefe de servizo de Inventario, Juan Antonio Naveira Seoane.
Durante o encontro afondarase en aspectos como a xestión e utilización turística sustentable dunha paisaxe cultural, sobre os bens e os valores, así como a xestión e conservación do patrimonio, cuestións que terán sidas en conta na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO.
A iniciativa conta con 250 prazas e está especialmente dirixida a guías e profesionais do sector do turismo, especialmente cultural, que teñan interese pola Ribeira Sacra, así como para profesionais de espazos culturais ou patrimoniais, museos, empresas culturais, bibliotecas, arquivos… Celebrarse de xeito online o martes 26 de maio ás 11,00 horas. A inscrición é gratuíta en www.turismo.gal/formacion .