Hoxe deuse a coñecer as bases do concurso de deseño gráfico co que se escollerá cartaz para o San Froilán e do San Froilán Miúdo 2022
As persoas que desexen participar poden presentar os seus traballos ata o 16 de xuño nas oficinas da área de Cultura , na Praza Maior, ou por correo, en formato dixital JPG, cunhas dimensións de 50×70 centímetros e con 72ppp de resolución, en soporte cd ou lapis de memoria. Ademais, poderanse enviar tamén por enderezo electrónico a cultura@lugo.gal, indicando no asunto Cartel San Froilán 2022.
Os traballos serán presentados de forma anónima, con lema, acompañando un sobre co mesmo lema no exterior, e dentro os datos persoais do participante. Se presentan o cartel dixitalmente, estes datos deberán presentarse nun documento aparte.
Un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que represente esta festa, que será premiada cun importe de 2.000 euros. A xuntanza do xurado terá lugar o vindeiro 21 de xuño.