Mañá constitúese unha nova Corporación da Deputación chea de incertidume

Mañá, mércores 24 de xuño, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos,terá lugar a sesión de constitución da nova Corporación Provincial da Deputación de Lugo.

En primeiro lugar, comporase a Mesa de Idade, integrada polos Deputados Provinciais de maior idade, Jesús Carreira, e de menor, Pablo Rivera Capón, que a continuación xurarán ou prometerán o seu cargo. Tamén formará parte da Mesa o Secretario da institución, José Mourelle Cillero.

De seguido, será o acto de xuramento ou promesa dos restantes 23 Deputados Provinciais,declarándose constituída a nova Corporación Provincial da Deputación de Lugo, en  conformidade co disposto no apartado 3º do Artigo 57 do Regulamento de Organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

Ao remate, e en aplicación do mencionado artigo, así como do 14.3 do Regulamento de Honras e Distincións, procederase á elección do novo Presidente/a Provincial, unha incógnita polo momento xa que o BNG esixe a retirada do candidato socialista, Manuel Martínez para apoiar ao Partido Socialista, extremo que dende o PSdG rexeitan de plano.

Será unha votación en segredo e en urna por parte dos 25 Deputados Provinciais. Tras o escrutinio dos votos, proclamarase ao novo Presidente da Deputación de Lugo.

O Presidente electo xurará ou prometerá o cargo e recibirá os atributos correspondentes: o  Bastón de Mando, a Medalla da Presidencia, a Insignia de Ouro da Provincia e o Diploma Acreditativo. O Presidente ocupará entón o seu posto na Mesa Presidencial e fará a súa  intervención. A continuación, todos os membros da Corporación Provincial asinarán no Libro de Ouro da  Deputación de Lugo.

Logo, os restantes 24 Deputados tamén recibirán os atributos representativos, que neste  caso son a Medalla, a Insignia de Ouro da Provincia e o Diploma Acreditativo. O acto rematará cunha foto de familia no Paraninfo e no patio exterior do Pazo Provincial.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com