Lugo Monumental leva as obras do centro ao Parlamento Europeo

Hai meses que a Asociación Lugo Monumental anunciou que elevaría ao Parlamento Europeo unha solicitude para que se revisen as actuacións levadas a cabo no recinto histórico baixo o proxecto denominado “Corazón verde”. O falecemento de Paula Alvarellos fixo que se aprazase esta cuestión, por respecto á situación, e tras a chegada á alcaldía de Miguel Fernández expúxose aos asociados se desistir da iniciativa ou seguir adiante con ela.

A maioría decidiu continuar co procedemento e onte tramitouse o documento no rexistro do Parlamento Europeo. fai que a admisión a trámite póidase demorar mesmo meses.

A asociación solicita  que a Comisión de Peticións é se posicione diante deste tema, aínda que se deixa claro que “NON se solicita ningún tipo de sanción económica ao Concello de Lugo, debido a que iría contra os propios intereses da Asociación, xa que calquera prexuízo nese sentido repercutiríase aos cidadáns e empresas do municipio”.

Lugo monumental trasládalle ao Parlamento Europeo unha serie de problemas e deficiencias detectadas nas obras, tanto na súa tramitación administrativa como na súa execución. e pon o acento, en primeiro lugar, “nos danos causados ás persoas accidentadas durante todo este tempo polas máis que discutibles decisións do Concello de Lugo de desviar o tráfico rodado por varias rúas do centro que non faría falta utilizar (particularmente Rúanova e San Marcos) se se atendeu a proposta do arquitecto Anxo Sánchez presentada á administración por Lugo Monumental. Esa proposta propoñía usar Quiroga Ballesteros como alternativa durante toda a obra para non danar as outras dúas rúas, e dando por certo que esta última vía danaríase igualmente como así sucedeu”

Tamén se fala da falta de participación e transparencia. Hai que lembrar, subliñan dende Lugo Monumental “que este proxecto presentouse ao tecido social cando xa estaba visado, polo que non había posibilidade real de participación, e que nin sequera se colgaron na web municipal, onde hai unha ausencia total de información sobre este asunto a pesar de tratarse dun proxecto multimillonario e cunha incidencia dramática na vida dos lucenses”

Outra das cousas que se destaca dende a asociación é que “ponse en dúbida o fraccionamento do proxecto en varios contratos para eludir a figura do contrato harmonizado, debido a que se supera o limiar dos 5.538.000 € establecido na norma (os proxectos licitáronse inicialmente por un importe de 7.762.353,04 €, aínda que despois aumentaron ata os 8.436.091,32 € sen ter en conta as reparacións pendentes de rúas danadas)”.

Segundo Lugo Monumental, non era necesario acometer estas obras. Aínda que o goberno local trata de vinculalas á obrigación de “establecer unha Zona de Baixas Emisións, demóstrase no documento que Lugo xa cumpría os estándares legais para que o centro fose declarado como tal sen facer absolutamente nada: non había necesidade nin de restrinxir máis o tráfico nin de facer obra algunha. Isto non quere dicir que a Asociación se opoña á peonalización, senón que “se está a perverter o debate sobre a forma de levala a cabo. Por último denuncian “o aumento de percorridos de vehículos na zona peonil é outra das contradicións do proxecto, que aumenta os traxectos para acceder ao aparcamento de Praza do Ferrol”. Ademais da dilación inxustificada dos traballos, xustificada con argumentos que non son cribles como a climatoloxía (algo que se ve desautorizado ao ver que nos últimos dous meses avanzouse enormemente e choveu máis que en moitos meses anteriores en que as obras estaban paradas) ou outros motivos que non son certos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com