O programa +XTi ofrece unha nova actividade que combina natureza e deporte con rutas en eBike e caiac

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude e coa colaboración do Plan Nacional sobre Drogas, impulsa unha nova actividade de lecer activo dentro do programa +XTiAventura +XTi, unha proposta gratuíta que conxuga natureza, deporte e convivencia nun entorno privilexiado da cidade.

A actividade desenvolverase os sábados 5, 12, 19 e 26 de xullo, en horario de 11:30 a 18:30 horas, nas instalacións do Club Piragüismo Cidade de Lugo (Os Robles). Cada xornada contará con 12 prazas, ata un total de 48 participantes, que desfrutarán dunha ruta en bicicleta eléctrica (eBike), un xantar en grupo ao aire libre e unha ruta en caiac polo río Miño.

A inscrición será totalmente gratuíta e poderá realizarse a través da web www.lugomasxti.org, na pestana Actividades/Inscricións, do 23 de xuño ás 9:00 h ao 3 de xullo ás 19:00 h. A selección das persoas participantes farase por rigorosa orde de inscrición, entre aquelas que cumpran os requisitos establecidos.

A actividade está dirixida á poboación de entre 14 e 35 anos empadroada ou residente en Lugo. No caso de non cubrirse as prazas, valorarase a posibilidade de abrir a inscrición a persoas que non cumpran os requisitos de idade ou empadroamento. Os menores de idade deberán presentar autorización asinada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com