Ferida unha persoa no incendio dun alpendre en A Pastoriza

A persoa ferida sufriu queimaduras e precisou asistencia sanitaria. No interior das instalacións hai herba seca acumulada, así como un vehículo agrícola, e nestes momentos os medios traballan para atallar as lapas.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia dos feitos, minutos antes das 13 horas da tarde: vía moito fume no lugar de Cordeiro, na parroquia de Álvare.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, do GES da Pontenova e dos axentes da Garda Civil.

Neste intre, os servizos de emerxencias confirmaron que só ardían estas instalacións e traballan para apagar o lume.

Asemade pouco despois das 11:30 horas tivo lugar un incendio nun soto en Chantada
Neste caso, ardeu o soto dunha casa de Vilanova do Monte, en San Salvador de Asma. No interior había materiais e diversos electrodomésticos que arderon por completo. Os Bombeiros tiveron que refrixerar varias bombonas almacenadas na estancia.

No operativo participaron os Bombeiros e a Policía Local de Chantada, así coma os axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com