Varios membros do Grupo Operativo Nocturno e da Unidade de Atestados realizaban un filtro de seguridade viaria na rúa Armando Durán, sobre as 5’00 horas do pasado domingo, e ordenáronlle a un condutor que detivese a súa marcha detrás doutro automóbil que estaba a ser controlado. De forma repentina, o condutor renova a súa marcha de forma brusca, tendo que reaccionar con rapidez dous axentes para evitar ser atropelados, debendo saltar ao carón, tras o cal iniciouse unha persecución por varias rúas da cidade, durante a cal cometeu numerosas infraccións.
A citada persecución finalizou coa detención do individuo no seu domicilio, onde tivo que ser reducido utilizando a mínima forza indispensable, sendo posteriormente trasladado a dependencias policiais, para a instrución de dilixencias por un presunto delito de atentado, ademais dos xa citados contra a seguridade viaria. O vehículo foi retirado polo guindastre municipal para o depósito, onde quedou inmobilizado.
Asemade nas últimas actuacións en materia de seguridade viaria, os axentes de policía detectaron e corrixiron as seguintes infraccións:
Cinco condutores que lanzaron resultados positivos no test de detección de drogas ao que foron sometidos: dous deles eran condutores de VMP (patinetes eléctricos), lanzando un deles positivo en THC e anfetaminas, e o outro positivo en THC e cocaína; sendo os restantes condutores de automóbiles, con positivos en THC, cocaína e anfetaminas.
Dez condutores que lanzaron resultado positivo (administrativo) nas probas de detección do grao de impregnación alcohólica regulamentarias: 0.66/0.47, 0.33/0.33, 0.34/0.33, 0.36/0.30, 0.42/0.42, 0.38/0.34, 0.38/0.35, 0.63/0.59, 0.53/0.50 e 0.87/0.82 mg/L; sendo catro deles condutores de VMP.
Dous condutores que lanzan resultado positivo (penal) nas probas de alcoholemia de 0.79/0.78 e 1.03/1.04 mg/L, polo que se instrúen dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria, polo procedemento de xuízo rápido.
Un condutor que lanza resultado positivo de 0.60 e 0.54 mg/L nas probas de alcoholemia, o que, unido a que tamén lanza resultado positivo (anfetaminas) e ás manobras antirreglamentarias observadas polos axentes, provoca a instrución de dilixencias por dous presuntos delitos contra a seguridade viaria, un por conducir un vehículo de motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas e outro de condución temeraria, ambos polo procedemento de xuízo rápido.
Dous condutores sorprendidos ao volante dos seus vehículos, carecendo de permiso de conducir, polo que se instrúen dilixencias por dous delitos contra a seguridade viaria.
Leváronse tamén numerosos controis de velocidade en varias vías da cidade, durante os cales se detectaron 90 vehículos que circulaban a velocidade superior á máxima permitida.
Fotografía: Arquivo Policía Local Lugo.