Activadas medidas de protección en Pantón por mor dun incendio forestal

A proximidade dun incendio forestal no lugar de Lornís en Pantón obrigou a tomar medidas de protección, entre elas cabe destacar que foi interrompida a circulación na estrada provincial que une Santo Estevo de Sil e Ferreria (LUP4103) e na vía férrea.

Actualmente, a estrada está aberta ao tráfico, aínda que con regulación, non así a circulación de trens, que segue parada por razóns de seguridade.

Cómpre lembrar que os protocolos de protección ao núcleo de Lornís, en Pantón, foron activados pouco antes das seis desta tarde debido á proximidade dun incendio forestal.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com