Os locais de hostalería poderán colocar caldeiros de polbo na rúa durante as festas do San Froilán

O  Concello de Lugo anunciou que autorizará aos distintos locais de hostalería da cidade a instalación de caldeiros na rúa para vender polbo durante o San Froilán.
Os profesionais interesados deben realizar a súa instalación garantindo sempre o tránsito peonil na zona, os accesos a vivendas, garaxes ou locais comerciais, e permitindo o tránsito peonil seguro. Ademais, esta instalación non pode afectar á circulación de vehículos e os caldeiros deberán estar protexidos no seu perímetro, de tal maneira que ningunha persoa do público poida ter contacto cos mesmos.
De non cumprirse a normativa poderase ordenar a retirada total ou parcial dos elementos que non se adapten ou dificulten o tránsito de peóns e vehículos, ou que supoñan calquera perigo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com