Detido un home tras agredir a súa ex-parella e a súa ex-sogra

Os feitos tiveron lugar na mañá do día 22 de setembro, cando unha patrulla da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da zona norte da cidade xa que no interior dunha vivenda está a producirse unha pelexa.

Os axentes preséntanse de inmediato e entrevístanse cunha muller que convive coa súa nai e dous fillos menores de idade, a cal manifesta que momentos antes presentouse a súa ex parella no domicilio, que é o pai dos seus dous fillos, querendo velos, mantendo unha discusión na súa habitación onde é agredida, momento que interfere a súa nai para evitar a agresión, sendo esta tamén agredida.

Tamén manifesta que anteriormente fora agredida pola súa ex parella, sufrindo insultos e vexacións de forma habitual.

O home é detido e pasou a disposición xudicial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com