A Policial Local precinta un equipo de son nun local que non tiña licenza para ter música

A Policía Local de Lugo levou a cabo unha actuación crave para a protección da orde administrativa e veciñal en materia de actividades de lecer nocturno, ao detectar e documentar un uso manifestamente irregular dun establecemento que operaba baixo a aparencia de cafetería, cando en realidade exercía actividades propias de pub con reprodución de música e terraza exterior.

O local, iniciara a súa actividade nunha concorrida rúa do centro baixo unha  comunicación previa limitada exclusivamente a cafetería grupo I. Malia iso, ofrecía servizos de restauración, música ambiental e terraza ao aire libre, en clara vulneración da normativa local e do réxime de títulos habilitantes en vigor.

Froito de reiteradas inspeccións e denuncias, a Policía Local impulsou un expediente resolto mediante Decreto, no que se acredita que o establecemento emitía música sen autorización, carecía de illamento acústico adecuado e desenvolvía unha actividade totalmente allea á autorizada, xerando molestias aos veciños e prexuízos aos locais da súa contorna que actúan conforme a normativa.

Malia ser notificado formalmente da obrigación de cesar na actividade de pub e retirar os equipos de son, a persoa responsable do local fixo caso omiso, mantendo instalados os equipos de reprodución sonora, circunstancia que obrigou á Policía Local a proceder ao precinto efectivo da instalación musical, dando así cumprimento ao disposto na orde do referido Decreto.

Segundo portavoces do corpo de seguridade, “esta actuación exemplifica o compromiso firme da Policía Local coa defensa da legalidade nos locais de hostalería e a convivencia veciñal, velando para que ningún establecemento utilice fórmulas diferentes para amparar actividades de maior impacto e esixencia regulatoria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com