Esta tarde os cines Codex estrean o filme do director galego Alberto Vázquez “Decorado”. Esta longametraxe está baseado na aclamada curta de 2016 do propio Alberto Vázquez.
A productora Uniko revelou que o filme de animación “Decorado” reflexa a loita dunha parella de ratóns atrapados na mediocridade dun munco superficial controlado por unha megacorporación, ALMA, que fabrica e comina absolutamente todo.
Sinopse: Arnold é un rato de mediana idade atrapado nunha crise existencial. O seu matrimonio desmorónase, a súa vida resúltalle absurda e comeza a sospeitar que todo o que o rodea é unha gran farsa. Cando o seu mellor amigo morre en circunstancias sospeitosas, Arnold pensa que algo vai mal. O que comeza como unha paranoia cotiá convértese nunha fuxida cara algo minimamente parecido á liberdade.
A outra estrea desta semana nos Codex Cinema é “Siempre es invierno” , a nova película de David Trueba.
“Siempre es invierno” e unha adaptación da novela “Blitz” do propio David Trueba que narra a viaxe de Miguel, arquitecto paisaxist, coa súa noiva para asistir a un congreso. Alí a relación cesa abruptamente. Ferido e desorientado decide quedar uns días máis para asimilar a ruptura. Neste proceso coñece a unha persoa con quen comparte momentos e conversas que lle axudan a reencontrarse consigo mesmo; pouco a pouco comprende que o seu proxecto máis importante non é o arquitectónico, senón o deseño dunha nova vida.




