O lume calcina por completo dous tractores nunha palleira en Láncara

Un veciño foi quen, ao redor das 20:30 horas, da tarde de onte chamou ao 112 Galicia para informar dun lume na palleira dos veciños, situada na estrada de Sarria a Láncara, en Escanlar. Indicaba que non había xente no seu interior pero si, vehículos agrícolas.

Os Bombeiros de Sarria desprazáronse ata o lugar nada mais ser avisados polo 112 Galicia, e, ao chegar ao punto solicitaron axuda, debido á magnitude das lapas. Indicaban que ardía un tractor dentro dunha nave chea de fardos ao carón dun cortello e dunha vivenda.

Con todo, ademais de informar á Garda Civil, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Monforte, aínda que finalmente no foi precisa a súa intervención,  e do persoal do Concello, que enviaron unha motobomba ao punto.

Tras lograr controlar o lume, os Bombeiros de Sarria ao fío das 02:30 horas da madrugada deron por finalizada a extinción.

Relataron que se tratou dun cortello dividido en varios alpendres e ao seu carón pola parte traseira, unha casa. Nun dos alpendres había dous tractores, que foron sacados polo dono, aínda que os dous, terminaron calcinados por completo. Os animais tamén foron retirados a tempo, aínda así, unha das vacas tamén se viu afectada.

O perosal do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tamén foi informado desde o primeiro momento polo 112 Galicia, por si fose precisa a súa intervención. Igualmente, o persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com