Presentación de “O reiseñor poeta de Randulfe”, obra póstuma do xenetista Santiago Rodríguez

O vindeiro martes, 23, ás 18,00 h., vaise presentar no salón de actos da Biblioteca provincial “O reiseñor poeta de Randulfe”, obra póstuma do xenetista Santiago Rodríguez sobre a obra de seu pai, o escritor paradelense Manuel Rodríguez López.

Na presentación intervirán a viuva e o fillo do autor (Mary Otero Rolle e Carlos Rodríguez Otero); o escritor Mero Iglesias Dobarrio; a alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet; o Secretario Xeral da Lingua, Valentín García e o Fillo Predilecto de Paradela, Ángel Fernández.

Santiago Rodríguez (Barcelona, 1971), faleceu o pasado 19 de marzo do 2024 en Bristol (U.K.), sendo trasladados os seus restos a Paradela, e soterrados no Panteón de paradelenses ilustres xunto aos de seu pai. O concello de Paradela, que tiña nomeado a Manuel Rodríguez Fillo Predilecto, acordou nomear a Santiago – destacado biólogo, xenetista e escritor – a título póstumo, Fillo Adoptivo do concello.

Santiago Rodríguez dedicou importante esforzo a estudar, codificar e divulgar a obra en prosa e verso de seu pai, volcándose os últimos anos en traballar no estudo destes escritos nun traballo que quedou inédito ao seu pasamento, sendo rescatado pola familia e os amigos para ser editado de xeito póstumo como lembranza e homenaxe a pai e fillo, por parte do Concello de Paradela e a Xunta de Galicia.

Os asistentes á presentación recibirán cadanseu exemplar do libro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com