Na mañá de hoxe, martes, reuniuse na Sala de Arte da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, o xurado do XXXVI Ceretame Galego de Arte “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN”, In memoriam de Manuel Gulín Rodríguez, composto por:
Aurelia Balseiro García, Directora do Museo Provincial de Lugo; Gonzalo Sánchez Folgueira, “Zalo”, pintor; Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo; Xulio Xiz Ramil, Presidente do Centro convocante e Sonia Varela García, da Comisión de Cultura do centro cultural convocante, que actúa como secretaria, e acordou emitir o seguinte fallo:
O PREMIO JOSÉ DOMINGUÉZ GUIZAN, dotado con 2.000€ e diploma foi adxudicado á obra “A ilusión do Nadal”, de Hipólixo Xeada, de Alfoz, na que conseguiu reflectir á perfección o ambiente do Belén de Begonte.
Pola calidade dos traballos presentados, o Xurado acordou conceder Mención de Honra a cada unha das seguintes obras:
– “A Chaira”, de Manuel Carballeira Rivas, de Valdoviño
– “Huellas del tiempo”, de Andrés Gabarres Cagiao, de Ferrol
– “Otoño en la ciudad”, de Santiago Lago “Canzobre”, de Ferrol
Os premios serán entregados no decurso do acto de clausura do Belén de Begonte, o próximo 31 de xaneiro de 2026.
A exposición das obras presentadas pode ser visitada na Sala da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo ata o próximo 14 de xaneiro. Desde o 15 ao 30 de xaneiro, estarán expostas na Casa da Cultura do Concello de Begonte.
Fotografía: Premio José Dominguez Guizán.





