Rescatado un condutor que caeu co seu coche por un terraplén en Samos

O 112 Galicia rexistrou dito accidente arredor das 15:00 horas. O particular que fixo uso do número único de emerxencias indicou que un vehículo caera por unha pendente duns 30 ou 40 metros, no quilómetro 40 da LU-633. Ademais, non vía saír a ningún ocupante do turismo.

Con esta información, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Sarria e da Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no punto, a dotación de bombeiros indicou que tiveron que excarcerar para, posteriormente, transportar ao ferido ata a ambulancia mediante unha padiola e unha pick up.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com