A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial entra na súa recta final

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe que a Xunta afronta “con optimismo e confianza” a recta
final da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Fíxoo nunha presentación no expositor de Galicia na Feira Internacional de Turismo, xunto co consorcio de Turismo Ribeira Sacra, e onde se amosou “máis que satisfeito” co realizado ata o momento polos técnicos do Goberno galego e o Ministerio de Cultura e avanzou os últimos pasos para chegar “coas máximas garantías e a mellor estratexia posible” á avaliación final de xullo deste mesmo ano.
“Estamos convencidos do valor deste territorio e, por iso, confiamos en que acade o merecido recoñecemento”, aseverou López Campos sobre candidatura Ribeira Sacra:

Paisaxe da auga, onde fixo fincapé en que o Goberno galego cumpriu “rigorosamente cos trámites, documentación e tempos exixidos e segue a facelo con últimos procedementos”, en referencia aos previstos para este semestre.

López Campos avanzou que mañá mesmo se reunirá co ministro de ministro de Cultura, Ernest Urtasun, co obxecto de abordar o estado da
candidatura e establecer unha folla de ruta conxunta para os vindeiros meses. Así mesmo, tamén está prevista celebrar unha xuntanza en febreiro co subdirector da Cultura da Unesco, Ernesto Ottone, e o embaixador de España ante este organismo internacional, Miquel Iceta.

O conselleiro lembrou que a candidatura pon en valor que se está ante un territorio que abrangue 26 concellos das provincias de Lugo e Ourense e que posúe “un valor universal e excepcional”. Consecuentemente, a proposta céntrase en atributos especiais para deixar constancia do seu carácter único, que van desde os canóns e vales fluviais esculpidos pola auga ata o relevante do seu patrimonio hidráulico, con infraestruturas que teñen chegado aos nosos días desde a revolución tecnolóxica medieval con muíños, centrais ou os saltos impresionantes de auga.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com