Centos de persoas participan en Lugo na mobilización feminista con mensaxes contra a guerra

As manifestacións convocadas pola Plataforma Feminista de Lugo e o Foro Feminista, cada unha coas súas reivindicacións, por mor de cuestións trans e da prostitución,  reivindicaron este domingo nas rúas do centro da cidade o movemento feminista

As manifestacións reuniron a varios centos de persoas que responderon á chamada do movemento feminista para reivindicar igualdade, dereitos e paz. Consignas como “Alerta feminista”, ou Non nos conformamos, foron das mensaxes máis repetidas nesta soleada mañá de marzo en Lugo.

A mobilización desenvolveuse nun ambiente reivindicativo e combativo, no que as participantes —maioritariamente mulleres, pero tamén homes e persoas de diferentes idades— reclamaron a necesidade de manter a loita feminista activa fronte ás desigualdades que seguen presentes na sociedade. Con pancartas, bandeiras e cánticos, as narchas avanzaron polas rúas do centro de Lugo, ata o punto final da concentración.

Durante a marcha, a denuncia dos conflitos internacionais e das súas consecuencias sobre a poboación civil estivo moi presente. As manifestantes fixeron referencia ás guerras nas que están implicados Estados Unidos, Israel e Irán, lembrando que os conflitos armados teñen un impacto especialmente duro sobre as mulleres e a infancia.

Desde a Plataforma Feminista de Lugo insistiron en que o movemento feminista non só loita pola igualdade entre homes e mulleres, senón tamén por unha sociedade máis xusta, libre de violencia e comprometida coa defensa dos dereitos humanos. Para as organizadoras, a loita feminista está estreitamente ligada á defensa da paz e á denuncia das guerras que afectan a millóns de persoas en todo o mundo.

Como  ramo á marcha, realizaronse  intervencións para lembrar que o feminismo continúa sendo un movemento necesario para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria. As participantes destacaron a importancia de manter a mobilización social e de seguir saíndo ás rúas para facer visibles as reivindicacións do movemento.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com