A cidade de Lugo vivirá finalmente unha moción de censura que pode cambiar o goberno municipal. Tras días de intensa presión política, os 12 concelleiros do Partido Popular liderados por Elena Candia, xunto coa concelleira non adscrita e exsocialista María Reigosa, rexistraron esta mañá o documento para impulsar a iniciativa.
A moción busca desaloxar do poder o bipartito formado polo PSOE e o BNG, así como ao actual alcalde socialista, Miguel Fernández. A presentación oficial das razóns producirase ás 14:15 horas no hotel Méndez Núñez, onde a voceira do Grupo Popular, Elena Candia, xunto cos edís do Grupo Municipal Popular e coa concelleira non adscrita, María Reigosa, explicarán os motivos da decisión. Unha hora máis tarde, o rexedor Miguel Fernández comparecerá para dar a súa versión dos feitos.
A moción xa é unha realidade e abre un novo escenario político en Lugo 27 anos despois.






