Olalla Rodil apoia en Pol a recuperación do 100% da atención sanitaria

Olalla Rodil, visitou o concello de Pol para participar nunha campaña de recollida de sinaturas impulsada pola formación nacionalista a nivel local. A iniciativa ten como obxectivo reclamar a restitución do 100% dos servizos sanitarios no municipio.

Durante a súa visita, a nacionalista, referiuse á situación da Atención Primaria no rural galego, cualificándoa de “grave deterioro”. Neste contexto, sinalou que o dereito á sanidade pública debe ser garantido e atribuíu á Xunta, a responsabilidade sobre a xestión do sistema sanitario.

A deputada subliñou a importancia de contar cunha sanidade pública de proximidade, especialmente en concellos rurais como Pol, e lembrou que as competencias en materia sanitaria corresponden á administración autonómica. Tamén fixo referencia á necesidade de adoptar medidas para reverter a situación actual.

No caso concreto do centro de saúde de Pol, Rodil indicou que unha praza médica quedou vacante tras unha xubilación. Segundo explicou, a atención está a ser cuberta mediante prolongacións de xornada doutros profesionais, que pasan consulta en días alternos. Esta circunstancia implica que, noutros momentos, os pacientes deban ser atendidos por outros facultativos ou desprazarse ao PAC de Meira.

Finalmente, a deputada nacionalista apuntou que esta situación afecta ao acceso á asistencia sanitaria en distintos concellos do rural, como Pol, Ribeira de Piquín ou Doiras, onde parte da poboación debe realizar desprazamentos para recibir atención, nun contexto no que, segundo indicou, existen limitacións nos servizos de transporte dispoñibles.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com