Presentación do libro Lugopoética 2025

O salón de sesións do Concello de Lugo acollerá mañá, martes, ás 13.00 horas, a presentación do libro Lugopoética 2025, unha publicación que recolle o contido das seis conversas poéticas celebradas o pasado ano na UNED de Lugo, promovidas polo Colectivo Egeria co apoio da UNED e da Xunta de Galicia.

A obra reúne as intervencións de trece poetas vinculados ás terras lucenses: Mar Ferreiro, Lucía López Cancio, Gustavo Enríquez, Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Ana Vila Portomeñe, Paco Ledo, Manuel Regal, Xosé Miguélez, Xoán Neira, Toño Núñez, Miguel Ángel Martínez Quintanar e Abraham Pérez.

Segundo destacan os organizadores, o proxecto reflicte a diversidade humana e profesional dos participantes, entre os que figuran alumnos da UNED, mestres, filósofos, cregos e labregos.

No acto intervirán o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz; o coordinador das conversas, o profesor e poeta Xosé Carlos Ulloa; a directora da UNED Lugo, Ana Traseira; o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a alcaldesa de Lugo, Elena Candia.

Lerán cadanseu poema os dous poetas labregos, Ana Vila Portomeñe e Paco Ledo, e o alumno da UNED, Gustavo Enríquez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com