A Policía Local tivo que intervir en dúas actuacións diferentes protagonizadas por mulleres en estado alterado. No primeiro dos casos, unha muller foi detida na zona recreativa de “Los Robles” tras presuntamente subtraer unha toalla a un mozo e agredilo cando este tratou de recuperala. Durante a intervención, os axentes comprobaron ademais que tamén agredira unha menor que a gravara co teléfono móbil.
Mentres os policías trataban de esclarecer os feitos, a muller propinou unha patada a un dos efectivos e acabou mordéndolle nun brazo, polo que foi necesario reducila e esposala coa colaboración doutra patrulla. O axente recibiu asistencia sanitaria e activouse o protocolo preventivo por posible transmisión de enfermidades.
Por outra banda, os axentes tamén acudiron a un establecemento hostaleiro da Rúa Nova tras recibir un aviso por unha alteración. Segundo os traballadores do local, unha muller entrou molestando os clientes, espíuse na barra e posteriormente encerrouse no baño. Ao chegar ao lugar, os policías atopárona nun evidente estado de alteración e, ante a imposibilidade de identificala, foi trasladada voluntariamente ás dependencias policiais para realizar as comprobacións oportunas.






