A Deputación de Lugo abre o prazo para participar en 12 actividades gratuítas nas Reservas da Biosfera

A Deputación de Lugo abre este luns, 22 de xuño, ás 8.00 horas, o prazo de inscrición para participar na nova programación de actividades gratuítas de lecer e educación ambiental que desenvolverá durante o terceiro trimestre do ano nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

A oferta inclúe 12 propostas e un total de 190 prazas para todas as idades, con actividades que se celebrarán entre o 16 de agosto e o 3 de outubro.

En Terras do Miño organizaranse seis obradoiros no Centro de Interpretación, entre eles actividades infantís, talleres de reciclaxe, baños de bosque e iniciativas relacionadas cos anfibios e a sustentabilidade.

Nos Ancares Lucenses haberá propostas en Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes, como unha xornada de cántigas e baile tradicional, un curso de elaboración de xabón artesanal, un taller de cociña tradicional, actividades de montaña para a cativada, unha marcha con observación do ceo nocturno no Castelo de Doiras e un obradoiro de restauración de mobles.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a través dos teléfonos e correos electrónicos habilitados pola Deputación para cada unha das dúas reservas da biosfera.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com