A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou novos expedientes para continuar coa regularización e actualización de distintos contratos municipais, entre eles os relacionados co mantemento da maquinaria do Cemiterio Municipal e coa seguridade dos sistemas informáticos da administración local.
Ademais, saíron adiante as bases para a cobertura por promoción interna de dúas prazas de administrativo correspondentes á Oferta Pública de Emprego de 2024.
No apartado cultural, o Executivo local deu luz verde ás bases do XXVI Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, que se celebrará o próximo 12 de xullo. O concurso repartirá 5.100 euros en premios e converterá de novo as rúas e espazos emblemáticos da cidade nun escenario para a creación artística.
A alcaldesa, Elena Candia, destacou que estas iniciativas permiten avanzar na mellora dos servizos municipais e seguir impulsando a actividade cultural na cidade.






