O Concello de Lugo organiza o 13 de agosto unha excursión cultural de un día aoCe Betanzos, con saída desde a Praza de Bretaña. As inscricións, con prazas limitadas, poderán realizarse os días 29, 30 e 31 de xullo no Centro de Convivencia de Lamas de Prado, de 9.00 a 13.00 horas. A actividade, cun prezo inferior aos cinco euros, inclúe visitas guiadas, tempo libre no casco histórico de Betanzos e un percorrido polo Parque do Pasatempo.






