A autovía A-6 volve estar operativa

A autovía A-6 volveu abrir ao tráfico este mediodía, sen aviso previo, despois de permanecer máis dun mes cortada por tramos. Coa reapertura rematan as retencións que se viñan producindo en distintos puntos desta vía.

Con todo, a normalidade aínda non é total, xa que no tramo afectado polas obras a velocidade está limitada a 80 quilómetros por hora.

A apertura colleu por sorpresa os usuarios desta infraestrutura, especialmente os transportistas. Tamén supón un alivio para a veciñanza de Becerreá, que deixará de soportar o intenso tráfico desviado polo centro da vila durante as últimas semanas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com