‘Rosalía Ilustrada’ reúne no Vello Cárcere 35 interpretacións gráficas da obra rosaliana

A exposición, organizada pola Fundación Rosalía de Castro, poderá visitarse en Lugo ata o 22 de outubro

O primeiro andar do Bloque de Mulleres do Vello Cárcere de Lugo acolle desde este mércores a exposición ‘Rosalía Ilustrada’, unha mostra que reúne 35 obras orixinais inspiradas en textos de Rosalía de Castro.

A iniciativa, organizada pola Fundación Rosalía de Castro, ofrece outras tantas interpretacións gráficas da obra da escritora a través do traballo de ilustradores e ilustradoras de Galicia. Cada participante achega a súa propia visión do universo literario rosaliano.

A exposición recupera un proxecto iniciado en 2004 co obxectivo de achegar os textos de Rosalía de Castro ao público por medio da ilustración. Nesta edición incorpóranse obras de dez novos autores e autoras.

‘Rosalía Ilustrada’ permanecerá aberta ao público no Vello Cárcere ata o 22 de outubro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com