Adega-Lugo pechará o sábado en Reque a campaña «Río Rato sen cemento»

Adega-Lugo celebrará este sábado 26 de setembro, a partir das 13.00 horas no Lugar de Reque, un acto de peche da campaña de recadación «Río Rato sen cemento». A iniciativa busca financiar a defensa xudicial das nacentes do río Rato ante a urbanización prevista no sector S-5.I de Lugo para ampliar o polígono do Ceao.

Segundo informa a asociación, a campaña alcanzou o obxectivo mínimo de 12.000 euros, destinados a cubrir os custos básicos do procedemento. A recadación seguirá aberta e, de acordo con Adega, as achegas adicionais empregaranse en informes e peritaxes técnicas.

O encontro contará cunha actuación de Son de Lugh e cunha foliada aberta á participación da veciñanza. A organización convida as persoas asistentes a levar a súa propia merenda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com