Tino Alvite participou este xoves no seu último pleno como concelleiro do BNG na Corporación municipal de Vilalba. Segundo informou a formación, decidiu renunciar á súa acta por motivos persoais.
Ao remate da sesión, membros da Corporación trasladáronlle o seu agradecemento polo traballo desenvolvido durante a súa etapa como representante municipal e pola súa dedicación á actividade institucional do Concello.
O BNG de Vilalba sumouse a ese recoñecemento e agradeceu o tempo e o compromiso que Alvite dedicou á organización, especialmente desde o grupo municipal. A formación destacou tamén a súa disposición para traballar por Vilalba e pola súa veciñanza, así como o compañeirismo mostrado ao longo destes anos.






