Obras en dous noiros da A-54 en Guntín provocarán cortes ata xaneiro

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está a reparar dous noiros da A-54 ao seu paso por Guntín (Lugo), nos quilómetros 13,9 e 20,2. O orzamento das obras é de 1,4 millóns de euros, ive incluído. Segundo o Ministerio, os danos producíronse durante as sucesivas borrascas rexistradas entre novembro de 2025 e febreiro de 2026.

Os traballos afectarán á calzada esquerda en dous tramos e períodos:

Dende hoxe luns 28 de setembro ata o día 18 de decembro, producirase o corte da autovía A-54, na calzada esquerda, dos puntos quilométricos 19,3 ao 21,28.
Dende as 8.00 horas do luns 2 de novembro ata o venres 29 de xaneiro de 2027, producirase o corte da autovía A-54, na calzada esquerda, dos puntos quilométricos 12,5 ao 17.
Durante as obras, habilitaranse itinerarios alternativos debidamente sinalizados pola calzada contraria ao corte, é dicir, a calzada dereita.

O Ministerio indica que se retirará a terra desprazada e que despois se estabilizarán os noiros con muros de escollera, bulóns e drenes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com