A Plataforma Feminista de Lugo convida a participar nunha nova charla do espazo «Saberes Feministas», dedicada á análise do tratamento da violencia machista nos medios de comunicación.
O encontro abordará os erros e as malas prácticas informativas que se producen con frecuencia, entre elas a culpabilización das vítimas, unha forma de revitimización que pode exercer unha dobre violencia sobre as mulleres que sofren agresións.
A charla correrá a cargo da xornalista e activista feminista Carmen G. Magdaleno e será o vindeiro sábado 24 de outubro ás 11:30 horas.
O acto será gratuíto e aberto ao público.






