A Audiencia de Lugo condena a nove anos e un mes de prisión un home por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un mes de prisión un home por delitos de agresión sexual, maltrato habitual e maltrato no ámbito familiar contra a filla menor de idade da súa parella. A sentenza tamén lle impón unha prohibición de achegamento e comunicación coa vítima durante oito anos e o pagamento dunha indemnización de 10.000 euros.

Segundo recolle a resolución xudicial, os feitos tiveron lugar durante o período de convivencia do condenado coa nai da menor, etapa na que asumía funcións de coidado da nena. Durante ese tempo, o home exercía violencia física sobre ela e, aproveitando as ausencias da nai, cometía actos de carácter sexual.

A Audiencia considera acreditados os feitos e fundamenta a condena principalmente no relato da menor, que cualifica de «compatible coa vivencia dos feitos denunciados». A declaración da vítima estaría corroborada, segundo o tribunal, polas testemuñas e polo conxunto das probas achegadas ao procedemento.

A resolución xudicial non é firme. Contra ela cabe interpoñer recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com