Máis de 2000 persoas responden en Lugo á convocatoria da Plataforma Lugo pola Vivenda Digna

A Plataforma “Lugo pola Vivenda Digna” ven de emitir un comunicado onde celebra o éxito da mobilización que convocou onte á que asistiron, segundo algunhas fontes, preto de 2000 persoas. A Plataforma esta formada por colectivos e veciñanza da cidade á que onte se sumaron “outras entidades que decidiron adherirse á convocatoria”. A manifestación de onte convocarona para amosar “un modelo de vivenda que defende un xeito alternativo ao actual” e anuncia unha nova cita o xoves 19 de novembro no CS Madia Leva.

A mobilización serviu tamén como presentación pública da plataforma, que reclama un modelo habitacional que se entenda coma un ben fundamental, e non coma un activo financeiro.

O traballo de Plataforma parte de “comprender a realidade da vivenda en Lugo, incluíndo o seguimento dos proxectos que se están a executar na actualidade en San Fiz e no PIA do Sagrado Corazón”. A partir deste coñecemento, a Plataforma quere “propoñer e impulsar medidas concretas en materia de vivenda para a cidade”, A Plataforma continuará a súa actividade nas próximas semanas. A seguinte cita será o xoves 19 de novembro ás 19:30 no Centro Social Madia Leva, onde se celebrará unha nova asemblea.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com