A Asociación de Veciños Centro solicitou á Xunta que dote de zonas axardinadas a contorna do Pazo de Dona Urraca

A Asociación de Veciños Centro de Lugo, fixo unha solicitude formal diante da delegación da Xunta en Lugo para que se deixen zonas verdes no Barrio Centro de Lugo, estas zonas axardinadas son “unha inquedanza prioritaria dos veciños do Centro, canalizada a través do traballo desta asociación, grazas ao que se conseguiron melloras significativas nos proxectos iniciais da recente peonalización do Centro, co logro estrela do mantemento e ampliación dos xardíns de Santo Domingo”.

Aproveitando que se está en pleno proceso de licitación do proxecto de urbanización do entorno do Pazo de Dona Urraca, os veciños piden que deixen zonas verdes, non queren que “volvan a proxectarse prazas e rúas sen xardíns, sen sombras, como aconteceu nas últimas actuacións no urbanismo da zona centro da cidade. Por iso solicitaron que se teña en conta este aspecto, ao igual que pretenden solicitalo en todas as futuras actuacións das que teñan constancia”.

Ademais, solicitaron á Xunta que lles manteña informados do proceso, á vez que lle ofreceron a “colaboración da Asociación”. Tamén remitiu dita solicitude ao Concello, para que a partir de agora ambas administracións teñan en conta esta demanda cidadá nesta e en todas as súas actuacións futuras no urbanismo do centro de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com